Na súa nova novela, Antón Riveiro Coello conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non albisca futuro.
Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964, é un escritor en lingua galega.
Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tocou a guitarra nun grupo de rock, exerceu de vendedor, foi funcionario do Estado, e finalmente da administración autonómica en Boiro. Colaborou activamente no proxecto Barbantia.
e descubre todas as novidades do libro en galego