Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha
María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida como An Alfaya, nada en Vigo o 2 de marzo de 1964, é unha escritora galega.
Realizou estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo.
Traballou un tempo como actriz de dobraxe en galego na serie Os Picapedra, onde poñía voz ao personaxe de Betty.
e descubre todas as novidades do libro en galego