Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha das favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada da megalópole transcorre esta historia, escrita ao ritmo do rap, na que se esculcan os ingredientes da vida urbana no século XXI. O xurado
Iolanda Pérez Zúñiga, nada en Vigo o 12 de febreiro de 1975, é unha escritora en lingua galega.
Mestra de educación musical. Forma parte do grupo Murmel-bruxas de música para nenos. Na actualidade traballa nun restaurante vexetariano de Vigo, despois de ter sido monicrequeira e asistente nunha libraría e nunha tenda de discos. No ano 2007 publicou o seu primeiro libro, Vidas post-it, 46 microrrelatos con temática moi diversa, pero sempre referidos a situacións cotiás universais. En 2008 publicou o poemario Amor amén. En 2010 obtivo o premio Xerais coa novela Periferia, unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios.
e descubre todas as novidades do libro en galego