Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela. Contemporáneos
Iolanda Pérez Zúñiga, nada en Vigo o 12 de febreiro de 1975, é unha escritora en lingua galega.
Mestra de educación musical. Forma parte do grupo Murmel-bruxas de música para nenos. Na actualidade traballa nun restaurante vexetariano de Vigo, despois de ter sido monicrequeira e asistente nunha libraría e nunha tenda de discos. No ano 2007 publicou o seu primeiro libro, Vidas post-it, 46 microrrelatos con temática moi diversa, pero sempre referidos a situacións cotiás universais. En 2008 publicou o poemario Amor amén. En 2010 obtivo o premio Xerais coa novela Periferia, unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios.
e descubre todas as novidades do libro en galego