1. INICIO
  2. Libros
  3. POESÍA COMPLETA LOIS PEREIRO
POESÍA COMPLETA LOIS PEREIRO

POESÍA COMPLETA LOIS PEREIRO

Lois Pereiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

½O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita. Os poemas e os relatos de Lois Pereiro sitúan os seres na liminalidade porque el tamén estaba aí, na

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4991-4200-5
EAN
9788499142005
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Lois Pereiro

Ver autor

Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996, foi un escritor e poeta galego. O ano 2011 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou nos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia, xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.

Na súa estadía en Madrid, contraeu o síndrome do aceite tóxico tras consumir unha garrafa comprada a un vendedor de butano. A doenza marcouno de por vida, deixándoo desfigurado e débil. Regresou a Monforte, onde caeu nunha adicción á heroína que arrastraría durante anos.

Cara a 1981 marchou vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste período entrou en contacto con poetas como Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel. Participou en antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborou en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta Náufragos do Paradiso. A súa obra tamén se espallou na música, participando en letras do grupo do seu irmán Xosé Manuel, Radio Océano.

En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e, sobre todo, de televisión tanto convencional (episodios de Dallas, Kung Fu e a primeira tempada d'Os novos) como porno.

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia. Inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no número 27 de Luzes de Galiza.

Canto ás causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepática.[7] Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, a causa do seu pasamento foi a intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Lois Pereiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego