Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas. Nora e Ramón, un matrimonio cada vez máis afastado por
María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida como An Alfaya, nada en Vigo o 2 de marzo de 1964, é unha escritora galega.
Realizou estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo.
Traballou un tempo como actriz de dobraxe en galego na serie Os Picapedra, onde poñía voz ao personaxe de Betty.
e descubre todas as novidades do libro en galego