A nadadora é a metáfora das mulleres e homes que atravesamos un lago escuro como o tempo que vivimos. A nadadora, de costas, fixa a súa atención na luz do ceo, prefire ignorar que por baixo da tona da auga hai un fondo escuro en que podrecen os cadáveres, en que se ocultan as verdades pestilentes.
Marta Dacosta Alonso, nada en Vigo o 29 de setembro de 1966, é unha poeta, profesora e sindicalista galega. Reside en Peitieiros (Gondomar).
Licenciada en filoloxía galego-portuguesa. É profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Moitos dos seus poemas foron publicados en revistas como Ólisbos, Dorna, Festa da Palabra Silenciada, en diversas publicacións colectivas, e na exposición Botella ao mar. En 2018 colaborou na revista Ligeia. Ten colaborado co semanario A Nosa Terra, o xornal dixital gznacion.com e Sermos Galiza.
e descubre todas as novidades do libro en galego