O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As pólas abanean e fregan as unhas contra as outras mentres que, nalgún lugar por debaixo delas, na fenda enorme chea de larvas de vacaloura, alguén peta no tronco da árbore. A araña, que pende dun fío, acba de tecer outra arañeira. E o cuco canta no seu
De nena, debuxaba e pegaba imaxes nas súas propias revistas, que logo lles entregaba aos seus compañeiros de clase. Na adolescencia escribía moito, ademais de cartas e diarios, inventaba historias e enviáballas aos seus amigos por correo. Aínda que quería ser fotógrafa ou deseñadora gráfica, estudou literatura checa e pasou varios anos traballando como xornalista. No seu tempo libre, viaxou moito e descubriu os libros infantís, sobre os que escribiu no seu blog. Cansada do xornalismo, asumiu un novo reto; agora traballa nunha editorial, onde idea historias e escribe libros para nenos.
e descubre todas as novidades do libro en galego