O coello, a toupa, o teixugo. Todos estes animais viven baixo terra. Algúns só no inverno, algúns todo o ano. Os animais son coma a xente: teñen diferentes preferencias e necesidades. Achégate ao reino animal e atrévete a formar parte del, aínda que sexa un anaquiño. Convértete nun animaliño, verás
De nena, debuxaba e pegaba imaxes nas súas propias revistas, que logo lles entregaba aos seus compañeiros de clase. Na adolescencia escribía moito, ademais de cartas e diarios, inventaba historias e enviáballas aos seus amigos por correo. Aínda que quería ser fotógrafa ou deseñadora gráfica, estudou literatura checa e pasou varios anos traballando como xornalista. No seu tempo libre, viaxou moito e descubriu os libros infantís, sobre os que escribiu no seu blog. Cansada do xornalismo, asumiu un novo reto; agora traballa nunha editorial, onde idea historias e escribe libros para nenos.
e descubre todas as novidades do libro en galego