Imaxina que es unha formiga e pasas un día no formigueiro. Como sería? Na primavera deitaríaste no cumio para quencer o corpo e logo levar a calor ás cámaras e galerías do formigueiro. Subirías e baixarías árbores buscando comida, recollerías pulgóns. Ti e as túas amigas pasariádelo de medo
De nena, debuxaba e pegaba imaxes nas súas propias revistas, que logo lles entregaba aos seus compañeiros de clase. Na adolescencia escribía moito, ademais de cartas e diarios, inventaba historias e enviáballas aos seus amigos por correo. Aínda que quería ser fotógrafa ou deseñadora gráfica, estudou literatura checa e pasou varios anos traballando como xornalista. No seu tempo libre, viaxou moito e descubriu os libros infantís, sobre os que escribiu no seu blog. Cansada do xornalismo, asumiu un novo reto; agora traballa nunha editorial, onde idea historias e escribe libros para nenos.
e descubre todas as novidades do libro en galego