A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule ½croa, croa, croa╗. Conseguirá finalmente cumprir o seu soño?
Pablo Nogueira Campo, nado no Carballiño o 22 de abril de 1987, é un mestre, músico e escritor galego.
Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, Psicopedagoxía e Mestrado en investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario. Exerce de mestre de Audición e Linguaxe no colexio de Cea.
É baixista na banda rock Susie Q´s e na instrumental Acuario Sonoro. A súa faceta literaria chega coa publicación de dous títulos infantís para a estimulación da linguaxe oral en galego.
e descubre todas as novidades do libro en galego