Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019). ½O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.
Xerardo Quintiá Pérez, nado en Friol o 28 de marzo de 1970, é un escritor galego.
En 1984 trasladouse a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural “Táboa Redonda” de El Progreso (1988) e colaborou nas revistas Dorna, Xistral e Entremuros. Forma parte do Colectivo Maiakovski e das Lupercais.
e descubre todas as novidades do libro en galego