1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSE CID CABIDO
Avatar de XOSE CID CABIDO

XOSE CID CABIDO

Xunqueira de Ambía , 1959
11 títulos
0 seguidores

Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor e profesor galego.

Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi detido o 1 de setembro de 1980. Foi xulgado na Audiencia Nacional o 30 de marzo de 1982, e condenado a cinco anos de prisión. Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ao goberno do PSOE.

Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros. 

En xullo de 2018, converteuse en profesor de ensino medio de Lingua e Literatura galega por oposición.

Libros de XOSE CID CABIDO

Copenhague
Copenhague
Días contados
Días contados
Panificadora
Panificadora
Oralmente pola boca
Oralmente pola boca
Grupo abeliano
Grupo abeliano
Materia prima
Materia prima
Fálame sempre
Fálame sempre
Blúmsdei
Blúmsdei
Unha historia que non vou contar
Unha historia que non vou contar
TRES PINTORES
TRES PINTORES
Antón Reixa
Antón Reixa

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego