O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada do 31 de maio de 2005, ofrecendo un texto ininterrompido de 127 páxinas. Afastándose das convencións da narrativa de ficción clásica, empregando a adxetivación especular ou simétrica e os
Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor e profesor galego.
Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi detido o 1 de setembro de 1980. Foi xulgado na Audiencia Nacional o 30 de marzo de 1982, e condenado a cinco anos de prisión. Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ao goberno do PSOE.
Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros.
En xullo de 2018, converteuse en profesor de ensino medio de Lingua e Literatura galega por oposición.
e descubre todas as novidades do libro en galego