En grupo abeliano Seis ou sete mozos circulan durante unha semana por diversos lugares equivalentes a calquera outros. Situados á marxe da sociedade, observan e interveñen. A súa vontade maniféstase con inusual potencia persuasiva, modifíca o comportamento das persoas, dilúe os conflictos. Os
Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor e profesor galego.
Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi detido o 1 de setembro de 1980. Foi xulgado na Audiencia Nacional o 30 de marzo de 1982, e condenado a cinco anos de prisión. Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ao goberno do PSOE.
Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros.
En xullo de 2018, converteuse en profesor de ensino medio de Lingua e Literatura galega por oposición.
e descubre todas as novidades do libro en galego