Miguel Suárez Abel, nado en Campo (Arzúa) en 1952 e finado en Meirás (Valdoviño) o 18 de abril de 2017, foi un escritor galego.
Licenciado en Psicoloxía, exerceu como orientador no IES Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa.
Deuse a coñecer ao ser premiado no Certame Modesto R. Figueiredo cos relatos A alemá en 1981, O fillo de Serafín en 1982, O quiquiriquí en 1983. A súa primeira novela Turbo (1986) gañou o Premio Blanco Amor. Álvaro Pino é unha novela-reportaxe publicada en 1989 e Sabor a ti (1991) foi finalista do Premio Xerais. O repenique de Beatriz Goldar gañou o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2002.
e descubre todas as novidades do libro en galego