O volume ábrese con " A Alemana " , no que Suárez Abel servíndose habilmente do monólgo interior expresa os máis íntimos sentimentos da protagonista, unha rapaza de dezasete anos que cursa desorientada primeiro de administrativo, separada dos seus país que viven en Alemaña.O
Miguel Suárez Abel, nado en Campo (Arzúa) en 1952 e finado en Meirás (Valdoviño) o 18 de abril de 2017, foi un escritor galego.
Licenciado en Psicoloxía, exerceu como orientador no IES Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa.
Deuse a coñecer ao ser premiado no Certame Modesto R. Figueiredo cos relatos A alemá en 1981, O fillo de Serafín en 1982, O quiquiriquí en 1983. A súa primeira novela Turbo (1986) gañou o Premio Blanco Amor. Álvaro Pino é unha novela-reportaxe publicada en 1989 e Sabor a ti (1991) foi finalista do Premio Xerais. O repenique de Beatriz Goldar gañou o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2002.
e descubre todas as novidades do libro en galego