«A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, a pedra pintada, a máis delicada alfaia mogol. O poeta vive dentro de si o intemporal humano. Sente o desamparo dos «invisíbeis», vulnerado pola súa mirada até ferilo e facelo sangrar.
Cesáreo Sánchez Iglesias, nado en Dadín (O Irixo) o 26 de xaneiro de 1951, é un escritor galego.
Estudou Arquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid e foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Lóstrego, que presidiu. Foi cofundador da Agrupación Cultural Avantar, do Carballiño e presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña. Foi tamén fundador e director editorial de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. Así mesmo participou na fundación do Sindicato Galego de Funcionarios da Administración Pública.
Desde 2005 foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e traballou como director do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia na Coruña.
É autor dunha ampla obra poética, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. A súa poesía caracterízase por unha elaboración en chave simbolista e evocativa, realizada en versos breves.
e descubre todas as novidades do libro en galego