Un diálogo entre as músicas, os instrumentos, as rimas e as sonoridades. Unha invitación a participar nunha viaxe onde as emocións son as protagonistas.
Magín Blanco, nado na Rúa o 5 de novembro de 1960, é un compositor, guitarrista e cantante galego.
Comezou a súa carreira musical no grupo ourensán La Rosa co que editou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil. Xunto coa compañía Ghazafellos representa A nena e o grilo nun barquiño, unha combinación de teatro e música, tanto en galego como en castelán.
En 2012, máis de trinta músicos colaboraron no disco-homenaxe Doutor Apertas.
e descubre todas as novidades do libro en galego