En Perder, Roberto Salgueiro fai unha escolla de textos escritos entre 2016 e 2021, período que se corresponde a unha nova etapa da súa dramaturxia, máis fragmentaria, formalmente arriscada e creada a pé de escena para voces femininas.
Roberto Salgueiro González, nado en Caracas o 24 de outubro de 1966, é un escritor e director de teatro galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e DEA en Teoría da Literatura, é director da Aula de Teatro da USC. Traballou para as compañías Teatro da Lúa, Uvegá-Teatro, Teatro do Atlántico e Talía Teatro. Colaborou en revistas teatrais.
Os seus traballos escénicos representáronse en numerosos teatros de España, así como en Francia, Portugal, Noruega, Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Lituania, Estonia, Marrocos e Os Estados Unidos.
e descubre todas as novidades do libro en galego