XIX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez" 2022 Xoán non é Xoán: é Xoana. ╔ tan difícil de entender Vai ter que xogar o partido de fútbol máis difícil da súa vida. Unha batalla contra Os De Atrás, eses que non queren que as persoas sintan en liberdade.
Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia.
Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia.
e descubre todas as novidades do libro en galego