Unha anciá que camiña con zapatillas rotas, unha rapaza rescatada dun colector do lixo, un ancián que se esforzou por cumprir un xuramento que non debeu pronunciar, un rapaz que toca o tambor e fai bolboretas de papel, unha moza boliviana que non quere ser moeda de cambio de ninguén, unha rapaza que
Celia Díaz Núñez, nada nas Eiras (O Páramo) o 3 de xaneiro de 1961, é unha escritora galega.
Aos poucos anos trasladouse a Quiroga. Tras estudar o bacharelato en Monforte de Lemos, licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomada en Maxisterio pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo e diplomada en Estudos Avanzados en Teoría da Literatura pola Universidade de Vigo. Reside en Ourense, onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario, actividade que compaxinou coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación na materia de Didáctica da Lingua Galega.
É filla adoptiva de Quiroga.
e descubre todas as novidades do libro en galego