Nestes relatos hai un rico mosaico de personaxes femininas que se atopan no final da súa vida. Con todo, non agardedes avoas de pano na cabeza, sentadas a carón da lareira ou enredadas coas tarefas domésticas. A autora presenta mulleres actuais que, a pesar da súa idade, ou quizais por iso, se
Beatriz García Turnes, nada en Santiago de Compostela en 1973, é unha filóloga e escritora galega.
Licenciouse en filoloxía galego-portuguesa e mais en filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 2008 coa tese Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na lingüística lusa do século XIX. Xénese e impacto en Galicia da hipótese celtista. Publicou artigos sobre sociolingüística histórica en revistas como Grial, Verba ou a Revista da UNED . Especialista en planificación e dinamización da lingua galega e catedrática de ensino medio, é profesora-investigadora no Centro Ramón Piñeiro, onde codirixe o proxecto Legado de Jürgen Untermann. Tesouro paleogalaico (TPGal).
Como narradora acadou dúas veces o premio Minerva, convocado polo Colexio Manuel Peleteiro, e foi premio Lecturas, promovido pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, coa súa novela Valdamor (2001). Tamén gañou o Repsol de relato curto e o Camilo José Cela.
En 2018 publicou a súa segunda novela, O ouro das lúas, e en 2021 a terceira, Esta noite hei de ir a verte, todas na colección de literatura xuvenil Costa Oeste da Editorial Galaxia. En 2024 deu ao prelo na colección Literaria Ronsel da mesma editora Comando Sintrom, o seu primeiro libro de contos, así como a novela A maldición do papiro alexandrino na colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais.
e descubre todas as novidades do libro en galego