╔ 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos
Abel Tomé, nado en Outes en 1984, é un xornalista e escritor en lingua galega.
Estudou secundaria no IES Poeta Añón. Fixo un ciclo de Frío Industrial e chegou a traballar como soldador. Logo estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. En 2018 realizou un mestrado en Dereitos Humanos.
En 2017 quedou finalista do Premio de narrativa Illa Nova con A noite do corvo. En 2019 gañou o mesmo premio con A noite do lobo, na que o xurado destacou que «o autor emprega unha prosa dinámica, contida, na que nada sobra e coa que logra construír imaxes contundentes»; e ademais subliñou que "o dominio da lingua e a escolla dos topónimos e antropónimos colaboran, sen dúbida, a engrandecer a ficción".
En 2022 quedou finalista do Premio Merlín con Liliam Strawberry e o paxaro da morte, que gañou en 2024 con Milú e o edificio das persoas extraordinarias.
e descubre todas as novidades do libro en galego