Primeiro poemario da autora nesta colección É unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan. Tamara Andrés demostra, aquí, que é xa moito máis ca unha poeta nova. É unha voz
Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.
Graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras estudar o Mestrado para o Profesorado, na especialidade de linguas estranxeiras, dedicouse ao ensino de idiomas.
No 2015 publicou Amentalista, unha particular homenaxe ao pintor René Magritte, pintor que mereceu a súa atención en diversas investigacións e artigos. Nese mesmo ano gañou o Concurso de Poesía O Facho con Nenæspiraes, poemario publicado na editorial Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia na colección Dombate da Editorial Galaxia, poemario autotraducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018.
Comezou a súa tese sobre poesía e tradución dentro do programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. Dirixiu e colaborou en diversos proxectos literarios, audiovisuais e escénicos. En 2018 comezou a dirixir con Marcus Daniel Cabada a revista Ligeia.[2] En 2024 pasou a dirixir a colección Dombate de editorial Galaxia.
e descubre todas as novidades do libro en galego