Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío. Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas. A
Lara Dopazo Ruibal, nada en Marín en 1985, é unha xornalista e escritora galega.
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e mestrados en Cooperación Internacional e mais en Filosofía Práctica. Bolseira na Academia de Roma no 2019, comuneira no Programa de Estudos en Man Común Comúns, Ruralidades e Feminismos.
Como nas caixas de galletas cuétara, este libro ten relatos que gustan e non gustan tanto. Non diría eu que é un mal libro aínda que hai un esforzo que renxe, cando a autora busca cunha máis que evidente gota de suor na fronte (tipo icona de whatsapp) un final sorpresa que ás veces non nos parece tal. Creo que os mellores contos son nos que deixa voar a imaxinación lectora para cerrar a trama. O título e o xeito de promocionalo "Contos gringos", "Viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos", do máis mellorable.
e descubre todas as novidades do libro en galego