Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación. Esta é a historia de Uxía, unha xanela para asomarnos á súa vida. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se
Libro moi ben escrito, cunhas xeniais descricións costumistas das cousas pequenas... hai que eloxiar de Ana Varela o ollo que ten para eses detalles que pasan todos os días e quedan guais nunha novela. A trama xa é outra cousa, sobre todo a da secretaria que pina co xefe (cae un pouco no clixé). Por aí perde. Gaña Runrún nesa outra parte que se converte nunha novela de medo co xiro inquitante que dá cando a protagonista, Uxía, vai a urxencias. Quizais se debeu apostar por profundar aí (neses medos, no sentirse "no outro lado do espello") para facer unha novela menos liviá e menos indistinguible doutras propostas que abundan. Como curiosidade teño que contar que nunca escoitei tantas veces á xente dicir a expresión "anda cun runrún na cabeza" como mentres lía Runrún.
e descubre todas as novidades do libro en galego