Ano 1905. A estraña parella composta por ═caro Añón, mozo xornalista afincado en Lisboa, e Madame Dax, especialista estadounidense do oculto, encaran un misterio que enfronta o visible coas enerxías invisibles. Serán quen de entender que está azoutando con tal violencia a próspera cidade de Vigo
Lin a Gran Novela Galega deste autor, e por iso púxenme con este. Ten un inicio moi bo. Pero... logo que despropósito de darlle voltas á trama. Quedei mareado de seguir aos personaxes, a algúns deles... porque a cada capítulo aparecían máis... Pois iso. Que hai un montón de viaxes en coche de Mondariz a Vigo, de Vigo a Monadariz. De Val Miñor a Vigo, de Mondariz a Val Miñor. Debía ser barata a gasolina naqueles anos. E o misterio a estirarse a estirarse. Que capacidade... Tanto estirou e tanto empecei a aburrir que teño que confesar que non acabei o libro. O libro é un bo ladrillo (tamaño ladrillo) e eu quedei sen folgos de pasar tanta páxina mollando no prebe. Pareceume que era todo salsa para acompañar a qué? Onde estaba a cerna? Todo escrito bonitiño, iso si. Lembrei o que di César Cequeliños no outro libro. Que para moitos premios hai que esforzarse nas primeiras páxinas e logo xa confiar que o xurado vaia con un pouco de présa. Este levou o Torrente Ballester de 2023. Nota mental: Non mercar máis libros que gañaron o Torrente Ballester. Se tal que mos presten. https://axendacultural.aelg.gal/2023/11/15/sabeme-a-salamantiga-o-ceo-da-boca-gana-o-premio-torrente-ballester-en-lingua-galega-da-deputacion-da-coruna/
A historia é orixinal e está documentada a fondo. Certo é que, debido a iso, esténdese a trama con voltas e reviravoltas, e mantiña a intriga até o remate. Aprendín moito vocabulario e gocei da lectura.
e descubre todas as novidades do libro en galego