Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Aos 23 anos, Jane Austen enviou o manuscrito de A abadia de Northanger, a súa primeira obra, a unha editorial, que nunca chegou a publicar, e sairía do prelo en 1918, cando, tras a morte de Austen, a súa familia recuperou o libro do editor. Quizais sexa esta a creación máis heterodoxa, divertida e
Aos 23 anos, Jane Austen enviou o manuscrito de A abadia de Northanger, a súa primeira obra, a unha editorial, que nunca chegou a publicar, e sairía do prelo en 1918, cando, tras a morte de Austen, a súa familia recuperou o libro do editor. Quizais sexa esta a creación máis heterodoxa, divertida e irónica da autora, obra que algúns definiron como o “Quixote das novelas góticas”. Protagonizada por Catherinne Morley, unha moza fantasiosa obsesionada coas pantasmas, os castelos encantados e os misterios, que ansía vivir aventuras mentres a súa familia só quere que case ben. Unha aguda sátira literaria e unha inspirada reflexión sobre os prexuízos e crueldades da sociedade que mostra, onde non é o que dicimos ou que pensamos o que nos define, senón o que facemos, como dixo a propia Austen.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Jane Austen (Steventon, 1775-Winchester, 1817) está considerada a primeira grande escritora da lingua inglesa, e unha das máis lidas e recoñecidas. A súa escrita nace dunha minuciosa observación das contradicións e eivas da sociedade que lle tocou vivir. A perspicacia psicolóxica, as caracterizacións dos personaxes, a ironía, a crítica social e unhas arrebatadoras protagonistas femininas libres de ataduras e prexuízos fan que, dous séculos despois, as súas novelas sigan a seducir as novas xeracións. A súas obras adaptáronse en numerosas ocasións ao cine, televisión e teatro, o que demostra a vixencia da súa literatura dous séculos despois.