O humor obríganos e preguntarnos, o cómico non. Só o humor ten a posibilidade de provocar a risa a través da dor, e, deste xeito, interróganos de maneira diferente a como o faría a traxedia sobre a morte, a calamidade e a inxustiza. Esta é a risa que atravesa a obra dramática de Blanco Amor, coa
Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio.
Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires, dirixiu Céltiga e colaborou en Nós. De volta a España contactou coa Xeración do 27 e coñeceu a Federico García Lorca. Retornou á Arxentina. En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.
e descubre todas as novidades do libro en galego