Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
O idioma galego, testemuño de xentes, sentimentos e modos de expresión que se entrecruzan co tempo e a historia, é moito máis ca un vehículo de comunicación: é a esencia mesma da nosa identidade, a voz que resoa preto do mar, nos campos, e o eco dos nosos devanceiros. É un xeito de escoitar para
O idioma galego, testemuño de xentes, sentimentos e modos de expresión que se entrecruzan co tempo e a historia, é moito máis ca un vehículo de comunicación: é a esencia mesma da nosa identidade, a voz que resoa preto do mar, nos campos, e o eco dos nosos devanceiros. É un xeito de escoitar para despois verbalizar un son propio. A nosa lingua é o fío que conecta as tradicións, a narrativa dun pobo e as culturas que forxaron este país. A través dela, podemos entender o pasado e o presente de Galicia, unha terra onde o ser humano e a natureza se entrelazan de maneira única. Esta publicación non pretende ser unha obra exhaustiva sobre termos técnicos, senón unha escolma de palabras que reflicten ese vínculo entre o coñecemento especializado e a identidade galega. Aquí, os tres autores recollen vocabulario relacionado coa súa área de investigación e que ten un significado especial para Galicia, ben pola súa relación co territorio, a súa cultura, as súas tradicións ou a súa historia. No primeiro caso, os termos xurídicos que se recollen nesta escolma están ligados á normativa e á práctica legal no marco do dereito galego. A súa correcta transmisión é esencial para garantir o acceso á xustiza e a comprensión dos dereitos da cidadanía galega, promovendo ao mesmo tempo a vitalidade da nosa lingua nos tribunais e nas institucións. No ámbito ambiental, a escolla de termos está profundamente influída pola rica biodiversidade autóctona e os desafíos específicos do noso territorio, como a conservación das paisaxes, a protección dos ecosistemas naturais e a xestión dos recursos hídricos. A presenza de conceptos ambientais no galego é clave para sensibilizar a cidadanía e facilitar a comunicación sobre a sustentabilidade no contexto local. Por último, no campo da micoloxía, a selección de termos refírese aos fungos e ás especies presentes nas nosas zonas naturais, un aspecto fundamental na comprensión do ecosistema galego. Galicia, cunha gran diversidade de bosques e montes, alberga unha ampla variedade de especies micolóxicas que teñen un vínculo directo coa nosa tradición culinaria, medicinal e popular. Así, esta obra busca ofrecer unha guía de termos especializados nestes tres ámbitos, seleccionados pola súa relación directa co territorio e as necesidades de Galicia. Non se trata só dunha ferramenta práctica para profesionais ou estudantes, senón tamén dun medio para fortalecer a presenza do galego en áreas de saber que son esenciais para o desenvolvemento e a preservación da nosa identidade cultural e natural.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro