Un merlo nace branco... é diferente... ¡Vaiche boa!... e ten problemas. Ninguén o quere. Emprende unha viaxe chea de divertidas aventuras. Quere ser gaivota, cotorra, flamengo, pomba, ou calquera outro paxaro que teña por norma ser branco... ata que todos se decatan de que o mellor para un merlo
Cándido Pazó González, nado en Vigo en 1960, é un autor, director de escena, narrador oral, e actor galego.
Comeza a súa actividade como actor en 1975, vinculándose ao nacente movemento teatral da súa cidade e de Galiza, sendo un dos “benxamíns” das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Foi membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traballando en tódolos seus espectáculos ata a disolución desta en 1983.
Complementou o seu autodidactismo cunha formación por medio de pequenos cursos e seminarios. Asistiu ás clases de Philippe Gaulier en París. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no CDG e de axudante de dirección (Eduardo Alonso en teatro; Octavio Gómez, Manuel Gómez Pereira, García Sánchez ou Miguel Gato en cine). Debutou como autor e director de escena con compañía propia, Tranvía Teatro en 1989 coa peza O melro branco.
A partir de entón escribe, dirixe ou fai adaptacións para varias compañías, especialmente Ollomoltranvía (resultado da fusión da súa compañía con Ollomol en 1993) pero tamén en Teatro do Malbarate, Teatro do Xalgarete, Títeres Tanxarina, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Talía Teatro, CDG ou Teatro de Adro.
Está presente, con relatorios e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego coma o TEATRAgal ou a Comisión Técnica de Teatro do Relatorio de Teatro e Música do Consello da Cultura Galega.
Foi parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Marathon Europea de Creación Teatral, proxecto de escritura dramática dentro do programa cultural Bruxelas 2000.
É, ademais, guionista para televisión (A familia Pita, Pratos Combinados, Mareas vivas) e dedícase tamén á narración oral, actividade emerxente hoxe en día en Galiza e pola que se sente especialmente seducido, estando presente en numerosos festivais e programacións de Europa e América Latina.
e descubre todas as novidades do libro en galego