Esta é a biografía dun carpinteiro de carros do país nas terras de Ortigueira. Da súa man viaxamos no tempo ó último cuarto do século XIX e, nun avance demorado, facemos un máxico percorrido pola Galicia das reivindicacións agraristas para, finalmente, achegármonos e observar nas nosas costas
Narciso Luaces Pardo, nado en 1929 en Meixido (Ortigueira) e finado no mesmo lugar o 19 de xullo de 2020, foi un labrego, xornalista e escritor galego.
Labrego de profesión, con menos de vinte anos xa traballou nas Sociedades Agrarias. De formación autodidacta foi colaborador do semanario La Voz de Ortigueira e doutras publicacións da comarca. Foi un dos fundadores das Edicións O Paporroibo e participou activamente noutras asociacións culturais.
Desde 1999 mantivo aberto ao público o Museo Etnográfico de Meixido, que reúne centenares de pezas por el mesmo recollidas, restauradas e catalogadas.
e descubre todas as novidades do libro en galego