Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que os unifica á morte, que vai dende o asasinato, ó vampirismo, pasando polo suicidio.Como en todo bo libro de relatos, os que aparecen en Contos malvados, o primeiro volume de Borrazás, son
Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que os unifica á morte, que vai dende o asasinato, ó vampirismo, pasando polo suicidio.Como en todo bo libro de relatos, os que aparecen en Contos malvados, o primeiro volume de Borrazás, son ' coma un iceberg, o que lemos é sempre menos que o queda oculto baixo a auga, e outorga intensidade, misterio, forza e significación ó que aboia na superficie.A estudiante de filosofía que recupera plus valías nas librerías e nos hipermercados, como xeito de obter pracer... O gardacostas que reflexiona sobre a dificultade de protexer o presidente que ten que protexer e como as claves ridículas e absurdas da linguaxe cifrada que usan acabarán por causar un malentendido ou unha desgracia... O comisario que pretende averiguar quen é Pierre Menard, o personaxe de Borges -a estirpe e a inspiración borxiana aparece en varios dos relatos, especialmente en " Iniciais " e " O poeta el " - despois de recibir un enigmático anónimo... As vodas de ouro dunha parella de xubilados en Puerto de la Cruz, infelizmente rematadas no voo de regreso... As encargas que recibe o mendigo que come latas de callos fríos no cuarto da pensión despois de facer o seu " traballo " ... O dono da carnicería que parece matar a súa muller meténdoa na cámara frigorífica... A secuestrada que vive nunha cela na que lle sobra espacio cando durme, e xoga ó xadrez magnético cos seus secuestradores, soñando co deserto do Sahara...Contos malvados constitúe un excelente libro de relatos. O que cabería agardar dun narrador que sabe xogar coa ficción e coa realidade, para disfrute do lector.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, é un escritor galego.
Estudou filoloxía inglesa e desde 1990 vive en Vigo. A súa narrativa, explícita e radical, tanto na escolla e tratamento dos temas coma nos aspectos formais, foi cualificada de transgresora e experimental. Novelas como Cabeza de Chorlito ou Eu é cítanse como paradigmas da narrativa posmoderna.