A tribo sabe é a segunda entrega dunha triloxía de ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou en Os vellos oficios (Xerais, 1996). En A tribo sabe Vázquez Pintor achégase á vida vida e bo facer dos fogueteiros fogueteiros, campaneiros, cabaqueiros, polbeiros, ferreiros, afiadores,
Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946, é un profesor e escritor galego.
Criado en Agolada, é licenciado en ciencias da educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No 2008 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 1972 comezou en Cangas de mestre de primaria en Cangas e rematou de profesor de secundaria en Pontevedra.
Ten colaborado en diversos medios, como El Ideal Gallego, A Nosa Terra (socio fundador e colaborador en Deportes e Sociedade), Faro de Vigo, La Voz de Galicia, SER-Galicia ou Televisión do Morrazo.
Ten usado os pseudónimos Álvaro Carmoega e Pepe de Vila.
e descubre todas as novidades do libro en galego