Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda -o seu can-, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e
Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946, é un profesor e escritor galego.
Criado en Agolada, é licenciado en ciencias da educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No 2008 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 1972 comezou en Cangas de mestre de primaria en Cangas e rematou de profesor de secundaria en Pontevedra.
Ten colaborado en diversos medios, como El Ideal Gallego, A Nosa Terra (socio fundador e colaborador en Deportes e Sociedade), Faro de Vigo, La Voz de Galicia, SER-Galicia ou Televisión do Morrazo.
Ten usado os pseudónimos Álvaro Carmoega e Pepe de Vila.
e descubre todas as novidades do libro en galego