Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego.…
Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946, é un profesor e escritor galego.
Criado en Agolada, é licenciado en ciencias da educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No 2008 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 1972 comezou en Cangas de mestre de primaria en Cangas e rematou de profesor de secundaria en Pontevedra.
Ten colaborado en diversos medios, como El Ideal Gallego, A Nosa Terra (socio fundador e colaborador en Deportes e Sociedade), Faro de Vigo, La Voz de Galicia, SER-Galicia ou Televisión do Morrazo.
Ten usado os pseudónimos Álvaro Carmoega e Pepe de Vila.
e descubre todas as novidades do libro en galego