En Blasfemias de silencio, Alfonso Pexegueiro recupera unha parte importante dos seus poemarios publicados entre Seraogna e Hipatia (colección Ablativo Absoluto, Xerais 1998): Mar e naufraxio (1978), Círculos de auga (1979) e O pavillón das hortensias azuis (1983). Tamén se inclúen os poemarios
Alfonso Pexegueiro González, nado en Angoares (Ponteareas) o 19 de abril de 1948, é un escritor galego.
Iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 como fundador do Grupo Rompente. Entre 1976 e 1978 traballou na redacción da revista infantil e xuvenil Vagalume. Fundou en 1980 xunto con outros escritores a Asociación de Escritores en Lingua Galega da que foi secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, encontros de escritores vascos, cataláns e galegos.
Deu numerosos recitais de poesía. Colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Desde 1985 ata 2000 residiu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego