A colección Cabalo buligán reúne con¡tos da nosa tradición oral, son as no¡sas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un con¡to. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou prin¡cesas,en torres que acobillan ós que están en apuros,
Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, traballou como profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Chantada e despois no Instituto Xoán Montes de Lugo ata o ano 2020.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con Na terra sombría, conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
e descubre todas as novidades do libro en galego