Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Título: Economía para un futuro sustentable.Subtítulo: Chaves para entender a economía do noso tempo.Dicía Joan Robinson (1903-1993), unha grande economista inglesa, que ½a mellor razón para aprender economía é para que os economistas non te enganen╗. En efecto, a economía é unha ciencia
Título: Economía para un futuro sustentable. Subtítulo: Chaves para entender a economía do noso tempo.
Dicía Joan Robinson (1903-1993), unha grande economista inglesa, que ½a mellor razón para aprender economía é para que os economistas non te enganen╗. En efecto, a economía é unha ciencia interesante e complexa, aínda que se cadra os economistas teiman en facela aínda máis complexa e, polo camiño, o que conseguen é facela menos interesante e máis escura. Boa parte da materia de Economía no bacharelato baséase na simple adaptación deste modelo -clásico- ao nivel dos alumnos. Desta pauta o premio Nobel (2001) Joseph Stiglitz afirma que ½as teorías obsoletas que se continúan a ensinar en todas as universidades do mundo son un dos motivos polos que se continúan aplicando as políticas económicas arcaicas que non nos han sacar da crise╗. Neste sentido,a ECONOM═A PARA UN FUTURO SUSTENTABLE, de Vicent Cucarella, ensina ½o que é debido ensinar╗ nunha clase de Economía, mais non dun xeito habitual, ½como é debido╗. De primeiras non ten fórmulas nin gráficos, o autor tan só emprega a linguaxe e, por riba, unha linguaxe sinxela e comprensible, o que non significa que sexa simple. En efecto, a fórmula utilizada é a dun diálogo ameno entre unha economista, un físico e un estudante de bacharelato, entre uns mestres e un discípulo. Poderíamos dicir que segue o modelo do diálogo socrático.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro