Alguén virá é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das
Pablo García Martínez (Arzúa, 1985) é doutor en Culturas Latinoamericanas, Ibéricas e Latinas pola City University of New York (CUNY) e actualmente é investigador posdoutoral na Fundación Alexander von Humboldt, afiliada á Universidade Friedrich-Alexander de Erlangen (Alemaña).
Publicou artigos académicos en revistas líderes de estudos hispanos no mundo académico anglófono (Bulletin of Hispanic Studies, Journal of Spanish Cultural Studies e Revista Hispánica Moderna). En 2021 publicarase unha recompilación das obras teatrais de Luis Seoane, editadas, cun estudo introdutorio e notas de García Martínez (Sevilla: Editorial Renacimiento), así como o manuscrito Un largo puente de papel. Cultura impresa y humanismo antifascista en el exilio de Luís Seoane (1936-1959) (Madrid: Editorial CSIC). Ademais, García Martínez, xunto con Silvia Dolinko, comisariou a exposición Materiais de Seoane. Na encrucillada da modernidade, que se exhibirá en 2021 no Museo Larreta de Bos Aires, organizada conxuntamente polo Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires e o Consello da Cultura Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego