Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
“Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico, porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor “afinación”, mantiveron viva a chama da
“Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico, porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor “afinación”, mantiveron viva a chama da nosa tradición (e mesmo importaron outras) naquela España en branco e negro do século pasado, na que transcorreu a infancia do autor e a de moitos de nós, ou dos nosos devanceiros. Como escritor (ou simplemente como lector), porque estamos ante un libro singular, que mestura realidade e ficción (“novela somerxida”, como cualificou Claudio Magris a súa obra O Danubio), un libro que vai máis aló da temática estritamente musical para cicelar un atinado e exhaustivo retrato, ás veces case que antropolóxico (incluídas algunhas historias peculiares, non exentas de comicidade), daquel tempo, daquel mundo que se foi baleirando coa emigración e hoxe agonía, pasto do desleixo e do silencio. Un mundo que nos nutriu e nos segue nutrindo como pobo, aínda que ás veces o ignoremos. Memoria seminal do que fomos ou soñamos ser, que esta obra contribúe a rescatar e preservar para ás futuras xeracións.” Manuel Blanco Músico e poeta
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro