Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o
O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, "Un home estraño" é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade. "Un home estraño" é a segunda entrega da serie, iniciada por "A antesala luminosa" e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro & #8722;aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta & #8722;, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Antonio Tizón Barral, nado en Aranga o 2 de xullo de 1960, é un escritor galego.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, traballou como xornalista e profesor de diversas materias en Escolas de Arte e Superiores de Deseño. En 2015 publicou A antesala luminosa concibida como a primeira entrega dunha pentaloxía de xénero negro que ten ó policía Xosé Sánchez Pereiro de protagonista principal. En 2017 gañou o Concurso Internacional de Novela Curta Cidade de Ribeira coa obra Un home estraño, segunda novela da pentaloxía.