O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o
Antonio Tizón Barral, nado en Aranga o 2 de xullo de 1960, é un escritor galego.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, traballou como xornalista e profesor de diversas materias en Escolas de Arte e Superiores de Deseño. En 2015 publicou A antesala luminosa concibida como a primeira entrega dunha pentaloxía de xénero negro que ten ó policía Xosé Sánchez Pereiro de protagonista principal. En 2017 gañou o Concurso Internacional de Novela Curta Cidade de Ribeira coa obra Un home estraño, segunda novela da pentaloxía.
e descubre todas as novidades do libro en galego