" Lapis na noite " bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior…
Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966, é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.
En 1989 licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo).
Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións. Desde hai anos exerce a crítica semanalmente no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia. Dirixiu a sección " Breviario" da revista Biblos. Clube de lectores. Colaborou no programa Libro aberto da TVG e foi responsable de asinar as páxinas de información de libros galegos na revista Qué leer (2005-2014).
Desde 2011 é padroeiro da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. Asemade é ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Mantén, desde 2010, un dos blogs literarios máis veteranos de Galicia, como é o Caderno da crítica. Literatura galega. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro. En 2021 foi escollido académico correspondente da Real Academia Galega.
Creo que a idea é interesante? Si. Quero ler máis libros ambientados en Arxentina? Si. Gustoume o libro? Non. Creo que, para o que acaba contando, sería mellor unha novela de relatos curtos dos adolescentes secuestrados ou que o libro fose xa de non ficción.
e descubre todas as novidades do libro en galego