Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro é unha biografía monumental, un libro que realiza un percorrido vital pola traxectoria persoal e literaria dun autor de referencia da literatura galega e que ve a luz cando se celebra o centenario do seu nacemento e os cincuenta anos da publicación de
Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966, é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.
En 1989 licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo).
Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións. Desde hai anos exerce a crítica semanalmente no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia. Dirixiu a sección " Breviario" da revista Biblos. Clube de lectores. Colaborou no programa Libro aberto da TVG e foi responsable de asinar as páxinas de información de libros galegos na revista Qué leer (2005-2014).
Desde 2011 é padroeiro da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. Asemade é ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Mantén, desde 2010, un dos blogs literarios máis veteranos de Galicia, como é o Caderno da crítica. Literatura galega. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro. En 2021 foi escollido académico correspondente da Real Academia Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego