1. INICIO
  2. Libros
  3. MANUEL LUGRÍS FREIRE. VIDA E OBRA
MANUEL LUGRÍS FREIRE. VIDA E OBRA

MANUEL LUGRÍS FREIRE. VIDA E OBRA

Ramón Nicolás Rodríguez
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Manuel Lugrís Freire, vida e obra é un amplo e esclarecedor percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2006, coincidindo precisamente co centenario da RAG, que el cofundou e presidiu. Os primeiros capítulos afondan nas tres

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2431-6
EAN
9788497824316
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Ramón Nicolás Rodríguez

Ver autor

Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966, é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.

En 1989 licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo).

Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións. Desde hai anos exerce a crítica semanalmente no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia. Dirixiu a sección " Breviario" da revista Biblos. Clube de lectores. Colaborou no programa Libro aberto da TVG e foi responsable de asinar as páxinas de información de libros galegos na revista Qué leer (2005-2014).

Desde 2011 é padroeiro da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. Asemade é ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Mantén, desde 2010, un dos blogs literarios máis veteranos de Galicia, como é o Caderno da crítica. Literatura galega. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro. En 2021 foi escollido académico correspondente da Real Academia Galega.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Ramón Nicolás Rodríguez

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego