1. INICIO
  2. Libros
  3. UNHA DUCIA DE GALEGOS
UNHA DUCIA DE GALEGOS

UNHA DUCIA DE GALEGOS

Víctor F. Freixanes
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A primeira edición deste libro, en agosto de 1976, constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo; tres mil exemplares que se agotaron en apenas tres meses. O seu autor tiña daquela vinte e catro anos. Doce persoas da cultura e da lingua galega, doce persoeiros do

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2017-06-28
Páxinas
336
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4915-1065-9
EAN
9788491510659
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Víctor F. Freixanes

Ver autor

Víctor Fernández Freixanes, máis coñecido como Víctor Freixanes ou Víctor F. Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega, cargo que desempeñou até 2025, cando foi substituído por Henrique Monteagudo.

Fillo de Víctor Fernández Barcia e Consuelo Freijanes Domínguez. Licenciado en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo.

Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Víctor F. Freixanes

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego