1. INICIO
  2. Libros
  3. CABALO DE OUROS
CABALO DE OUROS

CABALO DE OUROS

Víctor F. Freixanes
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de naipes que dura tres días e tres noites, e no que xogan a

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2010-11-15
Páxinas
368
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5328-1
EAN
9788498653281
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Víctor F. Freixanes

Ver autor

Víctor Fernández Freixanes, máis coñecido como Víctor Freixanes ou Víctor F. Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega, cargo que desempeñou até 2025, cando foi substituído por Henrique Monteagudo.

Fillo de Víctor Fernández Barcia e Consuelo Freijanes Domínguez. Licenciado en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo.

Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Víctor F. Freixanes

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego