Premio García Barros 2017 Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima,
Marcos Sánchez Calveiro, coñecido artisticamente como Marcos S. Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa o 13 de outubro de 1968, é un escritor, avogado e hostaleiro galego.[1]
Neto de feirantes e taberneiros, reside coa súa parella e dous fillos en Vigo, onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gañou o premio Lazarillo coa novela xuvenil O pintor do sombreiro de malvas, en 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol con Fontán e en 2017 gañou o premio García Barros con O xardineiro dos ingleses.
e descubre todas as novidades do libro en galego